(I) Ai, miña señora, eu sempre lle roguei a Deus que vos vise e nunca pedín outra cousa, e despois de que vos vin, tanto pensei logo niso que non era pensamento para min; mais non podo forzar o meu corazón para que non pense no que el quixer pensar.

(II) E, miña señora, por Deus vos rogarei, como señora que amo e que servín, que non vos pese que eu pense en vós, pois teño por iso moito ben e non espero máis; mais non podo forzar o meu corazón para que non pense no que el quixer pensar.

(III) E se eu fose emperador ou rei, era moito que me acontecese así con respecto a vós, señora, eu despois pensei, e ben vexo que sufrirei por iso; mais non podo forzar o meu corazón para que non pense no que el quixer pensar.

(1) Aínda que eu me hei de laiar moito por iso, sinto moito pracer no que el me fai pensar.