(I) Ai miña señora, véñenme aconsellar os meus amigos como vos eu digo: que non vos sirva, pois non me é preciso, porque nunca vos importei nada; porén, señora, eu non quero deixar de vos servir e de vos chamar «señora», e vós faredes despois o (que consideredes) mellor!
(II) E todos din que niso obrei mal, señora, porque me propuxen servirvos, mais nunca os crerei, mentres eu viva, por unha cousa: porque, miña señora, me fixo moito ben o feito de vos servir e de vos chamar «señora», e vós faredes despois o (que consideredes) mellor!
(III) E aínda me din máis do que me vos deu por miña señora: (dinme) que niso me fixo un gran mal; e logo que me din isto, (aínda) me din outra cousa: «Non a sirvades nin sexades seu». Por todo isto non deixarei eu de vos servir e de vos chamar «señora», e vós faredes despois o (que consideredes) mellor!
(1) E, miña señora, aconséllame moi mal quen mo aconsella, mais eu farei outra cousa.