(I) Ai miña señora, quérovos preguntar, pois que vos ides e eu non podo ir convosco de ningunha maneira e, contra a miña vontade, teño que me afastar de vós e (deixar) de morar onda vós: ai de min, desventurado, por Deus, que farei? Ai de min, desgrazado, que non poderei saber que facer cando fique sen vós!

(II) Non coñezo hoxe un tan bo conselleiro que me puidese dar un bo consello na grandísima coita que debo soportar: cando non vos vexa, miña fermosa señora, ai de min, desgrazado, que será de min? Ai de min, infeliz, que debo vivir sempre coitado por vós mentres viva!

(III) E os meus ollos non poden compracerse, mentres eu viva, de cousa ningunha se non vos ven, miña luz e meu ben; e por isto eu querería saber: ai de min, desgrazado, que será de min? Ai de min, infeliz, que en mal día nacín pois lonxe de vós debo vivir!