(I) Ai, miña señora, se eu non merecese de Deus canto mal lle eu merecín, doutra maneira disporía El de min, e non que me puxese no voso poder; mais eu sóubenlle merecer moito mal e púxome El no voso poder, onde eu nunca xamais perda a coita.
(II) E, miña señora, se eu recease disto cando por vez primeira ouvín falar de vós, tería evitado por iso que vós viñésedes alí; mais non quixo Deus que eu me decatase do meu mal, e mostroume a vosa gran beleza para mal de min, e non me quixo El valer contra vós nin quixo que ningunha outra cousa me valese.
(III) E, miña señora, se eu recibise a morte aquel primeiro día en que vos vin, sería o meu ben; mais non o quixo así Deus, antes fixo, para o meu mal, que vivise, pois máis me valera a min recibir morte aquel día en que vos fun ver ca que eu vos vise e vos coñecese.