(I) Ai miña señora, sen dúbida terei de morrer moi cedo, xa que non podo ter o voso ben; mais direivos por que me resulta máis mal: porque seredes, miña señora fermosa, pecadora por causa de min.
(II) E, así Deus me perdoe, práceme morrer, pois ensandecín por vós, a quen eu vin para o meu mal; mais pésame de corazón porque seredes, miña señora fermosa, pecadora por causa de min.
(III) E serame moi ben morrer, porque eu non podo soportar máis o mal que o amor me fai levar; mais pésame máis que calquera outra cousa porque seredes, miña señora fermosa, pecadora por causa de min.