(I) Álvar Rodríguiz gaba moito a forza de ánimo deste infante mouro tan noviño, e di que, aínda que parece un meniño, quere meterse en todos os alborotos; mestre Alí, así vexas pracer, trata de saber de Álvar Rodríguiz, se fode xa este mouro tan novo.
(II) (Álvar Rodríguiz) di que polas mañas e pola súa aparencia sabe el do mouro que é home feito e dereito para se meter en todos os barullos, e que sabe que así é o seu talante; mestre Alí, así morras conforme a túa fe, procura saber como é este caso de Álvar Rodríguiz e se fode xa este mouro infante.
(III) El di do mouro que sabe que ten o ánimo disposto a meterse en todas as leas, porque o cría e xa lle coñece o xeito de ser, aínda que parece de corpo pequeno; mestre Alí, fai por saber agora con certeza, de Álvar Rodríguiz, xa que iso pensa, se fode xa este mouro tan neno.