(I) Eu vexo Álvar Rodríguiz queixarse moito porque se sente andar minguado aquí e pensa que lle ía mellor alén mar do que lle vai aquí, onde naceu e se criou; e por isto di que quere tornar a onde serviu e traballou con afán hai moito tempo.
(II) El pensa que fai ben en se queixar, pois non lle vale servir e traballar nin pode aquí alcanzar unha saída como alcanzou alén mar polo seu servizo; por iso, no seu momento, se quere ir para onde serviu e traballou con afán hai moito tempo.