(I) –Amigo, tiña queixa de vós e quéroa perder, pois viñestes ao meu poder.
–Ai miña señora e meu lume, se tendes queixa de min, por Deus, esquecédea!
(II) –Eu estaba tan doída convosco que xurei en San Salvador que nunca vos daría mostras de amor.
–Ai miña señora moi fermosa, se tendes queixa de min, por Deus, esquecédea!
(III) –Amigo, estades no meu poder se me eu quixer vingar de vós, mais quérovos perdoar.
–Ai señora, por outra cousa vos rogo eu! Se tendes queixa de min, por Deus, esquecédea (1) por min, que en infausto día nacín, señora, se volo merecín!