(I) Amigo, entendo que non puidestes vivir noutro lugar e que viñestes procurar a miña mesura, e non vos vale de nada, porque me causastes tan gran pesar que xurei que nunca vos faría ben. 

(II) Eu querería non ter xurado, tan coitado vos vexo vir á miña mesura, mais de que vos vale, pois, cando vos fostes contra a miña vontade, xurei que nunca vos faría ben?

(III) Afastado estades de min para sempre e non vos vale ter vido á miña mesura, e vénme por iso gran mal, porque xurei, en canto vos fostes, que nunca xamais vos faría ben.