(I) Amiga, ben penso eu que o meu amigo está morto, pois hai moito tempo que está triste o meu corazón, e diréivolo; mais por que o digo? Porque hai moito tempo que non ouvín un cantar que fixese por min, nin tiven novas del.
(II) E sei moi ben que está moi triste se hoxe el vive no poder do amor; mais para a miña desgraza me tomou por señora e por isto teño eu maior preocupación: porque hai moito tempo que non ouvín un cantar que fixese por min, nin tiven novas del.
(III) E penso ben que el non deixaría de trobar por min senón por morte, ou outro motivo similar; mais por isto sei que non é por outra cousa, aínda que a min non mo dixese ninguén: porque hai moito tempo que non ouvín un cantar que fixese por min, nin tiven novas del.