(I) Amiga, ben sei que non ten o voso amigo ningún poder para vos falar nin para vos ver, e vedes por que o sei xa: porque vos vexo andar a ambos moi tristes e chorando sempre.
(II) Gardádesvos con frecuencia de min, e eu xa sei o asunto, e gardareivos o segredo; mais vedes por que o vexo: porque vos vexo andar a ambos moi tristes e chorando sempre.
(III) Como se o asunto fose meu, encubrireivos canto eu puider e non é mester que mo neguedes, pois vedes por que o sei: porque vos vexo andar a ambos moi tristes e chorando sempre.
(1) Non choredes, que Deus adoita tornar decontado o pesar en pracer.