(I) Amiga, din que o meu amigo ten tal coita por min que de ningún modo ten poder de vivir un día se non é por min, e vede o que aí acontece: se morre por min, fico eu por iso moi mal, e, se lle fago algún ben, outro tal.
(II) E tan coitado está, como eu souben, que xa nada o pode librar da morte se eu non lle fago ben, mais vede como estou eu niso: se morre por min, fico eu por iso moi mal, e, se lle fago algún ben, outro tal.
(III) Din que está tan coitado por min que ningunha cousa do mundo lle pode dar a vida excepto eu, e este asunto resúltame agora así: se morre por min, fico eu por iso moi mal, e, se lle fago algún ben, outro tal.
(1) E, amiga, por Deus, dádeme consello tal con que eu neste asunto non fique mal.