(I) Amiga, houben de sufrir un grande engano do que me fixo crer hai moito tempo que me amaba de corazón, tanto que non podía vivir, e todo isto era por encubrir outra que entón amaba.

(II) E dicía que perdía a cabeza por min, e mesmo me chamaba «señora» e dicía que morría de amor por min e que non podía vivir, e todo isto era por encubrir outra que entón amaba.

(III) E, cando el quería falar comigo choraba moito e logo alí xuraba que non sabía que facer consigo por causa miña e que non podía vivir, e todo isto era por encubrir outra que entón amaba.