(I) Amiga, hai moito tempo que se foi de aquí o meu amigo co rei; mais xa pensei mil veces no meu corazón que algures morreu de pesar, pois non tornou para falar comigo.
(II) Porque tarda tanto alá e nunca me volveu ver, amiga, así vexa pracer, máis de mil veces pensei xa que algures morreu de pesar, pois non tornou para falar comigo.
(III) Amiga, a súa vontade era tornar cedo aquí onde vise os meus ollos na miña persoa, e por iso mil veces coido eu que algures morreu de pesar, pois non tornou para falar comigo.