(I) Amiga, moitos no mundo son moi amigos por tomaren amigas para as amar moito; mais xa Deus nunca me perdoe se nunca eu vin tan amigo de amiga como o meu amigo.

(II) Pode o voso amigo dicir, amiga, que vos ama moito, e ámavos; mais por iso nunca eu vexa pracer do meu (amigo) se nunca eu vin tan amigo de amiga como o meu amigo.

(III) Vin eu con estes meus ollos amigo de amiga que lle é moi amigo, abofé; mais non me valla nunca Deus se nunca eu vin tan amigo de amiga como o meu amigo.