(I) Amiga, quero ver se ando agora máis leda, por unha cousa, porque din que vén o meu amigo; mais a quen me vexa querereille aparentar triste cando saiba que el vai vir, mais o meu corazón moi ledo estará.
(II) Quererei andar triste para lle mostrar que non me prace, así Deus me perdoe, aínda que no meu corazón sinto outra cousa; mais a quen me vexa quererei parecerlle triste cando saiba que el vai vir, mais o meu corazón moi ledo estará.
(III) Porén, amiga, sempre receei estar triste cando sinto gran pracer; mais heino de facer por me encubrir e, contra a miña vontade, parecerei triste cando saiba que el vai vir, mais o meu corazón moi ledo estará.