(I) Amiga, quérovos eu dicir xa o que me dixo o meu amigo: que morre cando non está comigo, pensando sempre na miña beleza; mais eu non penso, se el pensase en min, que vivise tanto tempo sen min.

(II) Xa nunca lle crerei nada, pois tanto tarda, así Deus me perdoe, e di que morre por isto e non por outra causa, pensando en todo o ben que Deus me fixo; mais eu non penso, se el pensase en min, que vivise tanto tempo sen min.

(III) Pois tanto tarda desta vez, vaise estragando aos poucos o meu amor por el, e di el que xace moribundo pensando no moi fermosa que me Deus fixo; mais eu non penso, se el pensase en min, que vivise tanto tempo sen min.

(1) E non sei nada polo que el ficase onde está e non viñese se eu lle lembrase.