(I) Amiga, sei eu ben dunha muller que fai todo o posíbel para pór a mal convosco ao voso amigo, por matalo; mais ela quere todo isto, amiga, porque nunca puido acordar con el de xeito que puidese telo por amigo.

(II) E búscalle contra vós canto mal pode, isto seino eu ben; e todo isto o fai ela polo seu (mal), e por isto e non por outra cousa, porque nunca puido acordar con el de xeito que puidese telo por amigo.

(III) Ela pon todo o empeño, desde hai moito tempo, para lle facer sentir o voso desamor e sente moito pracer con iso; e todo isto non é, amiga, senón porque nunca puido acordar con el de xeito que puidese telo por amigo.

(1) E por isto ela emprega todo o seu poder, para o pór a mal convosco.