(I) –Amiga, vistes amigo de amiga que tanto amase e que tanta coita sufrise como a que sofre (por min) o meu amigo?
–Non o vin nin nunca vin quen o vise, desde que nacín, mais véxovos a vós máis coitada.

(II) –Amiga, vistes amigo que por amiga morrese (de amor) e que tanto pesar sufrise como o que sofre (por min) o meu amigo? 
–Non o vin nin nunca vin quen o vise, desde que nacín, mais véxovos a vós máis coitada.

(III) –Amiga, vistes amigo que tanto mal recibise de amiga que amase como o que por min recibe o meu amigo? 
–Non o vin nin nunca vin quen o vise, desde que nacín, mais véxovos a vós máis coitada, (1) porque moito maior mal sufrides ca el, a quen morrer vedes.