(I) Amigas, por Noso Señor, andade ledas comigo, porque puxen concordia entre miña nai e o meu amigo, e por isto ando leda: teño moita razón para andar leda, e andade ledas comigo.
(II) Aínda que miña nai non fose alí, mandoume que o vise, e eu nunca tan bo mandado oín coma cando o dixo, e por isto ando leda: teño moita razón para andar leda, e andade ledas comigo.
(III) E mandoulle falar comigo (vede que ben me fixo), e véñome gabar diso ante vós, pois xa logrei que as cousas estean así, e por isto ando leda: teño moita razón para andar leda, e andade ledas comigo.