(I) Amigas, vivo pensando no meu amigo porque non vén, e desexo con paixón e choran estes ollos porque non me pode cousa ningunha salvar da morte se el non vén axiña.
(II) E estou marabillada porque tarda tanto, abofé, se está vivo e sabe isto, pois vivo hoxe eu tan coitada que non me pode cousa ningunha salvar da morte se el non vén axiña.