(I) Amigas, nunca sufrín unha coita tan grande desde que nacín, e direivos a gran coita pola que estou aflixida: amigas ten o meu amigo! Amiga ten nesta terra, alén de min!

(II) Oxalá nunca vexades vós, amigas, unha coita como a que hoxe eu vexo, e direivos cal é a miña coita pola que estou aflixida: amigas ten o meu amigo! Amiga ten nesta terra, alén de min!

(III) Estou morrendo coa coita, tan grande é a coita que me atenaza, mais déame a coita (é unha coita que asumo e que causa asombro): amigas ten o meu amigo! Amiga ten nesta terra, alén de min!