(I) Amigo, mal soubestes ocultar o meu feito e o voso, e por iso me perdestes a min e eu a vós, e de aquí en diante quen nos vexa de tal se garde e, se ama muller, tome aquel ben que lle Deus quixer dar e deixe todo o demais e pase o tempo así, (II) porque vós quixestes ter aquel ben de min que eu non vos podía facer sen gran dano para min, e perdestes por iso todo canto eu antes vos facía de amor, e así fai quen non sabe conformarse co ben, despois de que Deus llo dá.
(III) E ben sabedes, amigo, canto tempo hai que eu temín isto en que estamos e, pois que non soubestes sufrir o ben, sufride o mal, porque, aínda que eu niso queira facer outra cousa, o demo leve o poder que para iso teño.