(I) –Amigo, que pensades facer cando vos agora vaiades de aquí e vos lembredes algunha vez de min?
–Por Deus, señora, quérovolo dicir: chorar moito e non facer nunca nada máis que pensar como me fai mal Deus (II) en me apartar de saber nunca, en ningún momento, novas de vós, e de falar convosco, se non é por acaso; mais penso consolarme con isto: chorar moito e non facer nunca nada máis que pensar como me fai mal Deus (III) en me apartar do voso rostro e de onde adoitaba falar convosco, que me valera máis que me matase; mais coido que niso hei ter este auxilio: chorar moito e non facer nunca nada máis que pensar como me fai mal Deus.