(I) Amigo, se me amades moito, ide a San Mamede e verédesme (alí): hoxe non me mintades, amigo.
(II) Xa que aquí non me podedes dicir cousa ningunha, ide onde poidades comigo folgar: hoxe non me mintades, amigo.
(III) Estarei convosco en San Mamede do mar, na ermida, se Deus (así) mo dispón: hoxe non me mintades, amigo.