(I) Amigo, vós non queredes ter en conta nada que non sexa o voso, e non prestades atención ao momento nin á ocasión en que vindes falar comigo, e non queirades, amigo, facer que por culpa vosa morramos os dous, (II) pois o outro día chegastes aquí en tal momento que tiven tal pavor por iso que, por ser señora deste mundo, non quixera que viñésedes alí, e non queirades, amigo, facer que por culpa vosa morramos os dous.

(III) E quen ama de corazón unha muller, segundo creo, esfórzase por ocultarse e procura o tempo e a ocasión para ir onde ela está, e a vós iso non vos pasa, e non queirades, amigo, facer que por culpa vosa morramos os dous.

(IV) Vós non mirades nin a ben nin a mal nin o que despois disto nos acontecerá, senón que se cumpra o voso (desexo) xa dunha vez, mais neste asunto é moi necesario outro (comportamento), e non queirades, amigo, facer que por culpa vosa morramos os dous.