(I) Amigos, penso eu que Noso Señor xa non quere prestarlle atención a este mundo, pois véxoo cada día tornar de ben en mal e de mal en peor, xa que cada día vexo baixar os homes bos e vexo os maos teren poder sobre eles: por iso non teño medo da miña morte.
(II) O mundo todo vexo ir ás avesas e cantas cousas existen no mundo andar do revés, así Deus me perdoe; por iso non debe fuxir ante a morte quen coñece o ben que adoitaba haber e ve alí o mundo transcorrer doutro modo, e (sabe que) non pode evitar a morte.
(III) Os que morreron mentres (o mundo) era mellor teñen moito que lle agradecer a Deus por iso, pois saben xa que non teñen de morrer nin tampouco esperan ver nada peor como hoxe esperan os que están vivos; e por iso penso eu que fai unha loucura quen se sente moi a gusto con este mundo.
(1) E por iso penso eu que é moito mellor que un home morra aí (neste mundo) mentres lle for ben.