(I) Amigos, nunca ninguén mereceu mal como eu merecín, conforme o meu pensamento, e non por outra cousa; mais ando como louco por iso, porque (o meu pensamento) me fai pensar en recibir o ben da miña señora.
(II) Mais deixádeme andar así, aínda que vós teñades poder, amigos meus, para me axudar; non sintades dó por min porque (o meu pensamento) me fai pensar en recibir o ben da miña señora, (III) pois sei que, de ningunha maneira, amigos, non recibirei ben dela por canto eu pensei; mais deixádeme andar así porque (o meu pensamento) me fai pensar en recibir o ben da miña señora, (1) pois sei que o que perdeu o xuízo, canto máis louco estiver por amor, tanto é mellor (para el).