(I) Tiven un amigo a quen amaba, hai xa ben tempo; mais xa non teño amigo a quen ame, nin o terei xa mentres viva, por unha razón: porque me mentiu o que me soía dicir verdade e nunca mentía.
(II) E hai moi pouco que eu lle oín xurar que non amaba outra muller agás a min, e ben sei que a ama, e por isto non podo fiarme de nada, porque me mentiu o que me soía dicir verdade e nunca mentía.
(III) Confiaba máis nel ca en min nin ca en ningunha outra cousa no mundo, e mentiume agora tan despropositadamente que non me fiarei de nada de aquí en diante, porque me mentiu o que me soía dicir verdade e nunca mentía.
(1) E se tivese outro, mentiríame, xa que me mentiu o que nunca mentía.