(I) Amor, ben sei o que agora me faredes, pois me metedes en poder de tal señora contra quen despois non me valeredes, cando eu por causa dela sufra coita, á cal non saberei pórlle remedio.
(II) Por iso vos rogo, Amor, que me deixedes vivir se non me queredes socorrer, pois eu ben sei que vós, Amor, tendes poder para me facerdes ben, se quixerdes, ou mal, cando tal vos prouguer.
(III) E xa que ben e mal me podedes facer, non me fagades canto mal sabedes facer; máis xusto é que me mostredes o moi gran ben que podedes facer, Amor, xa que eu estou baixo o voso poder.