(I) Amor, desde que me acheguei a vós podo louvarme, pois antes, na miña opinión, pouco valía; mais rectifiquei (II) tanto que, así como antes era pobre de espírito e cría que non podía acadar ningún ben (III) e que ninguén me apreciaba, senón que polo contrario me tiñan por unha persoa tan vil que, se de min falaban, era sempre en termos negativos. (IV) Mais desde que a vós me acheguei, Amor, puxen de lado todo agás o meu servizo a vós, e desde ese momento fun estimado polas persoas, (V) cousa que antes me resultaba difícil, e que conseguín grazas a vós, de maneira que cando estou entre xente boa louvo máis a miña honra do que a deles.

(VI) Amor, xa que non teño máis nada nin nunca terei senón a vós, e xa que o meu corazón non será senón da miña senhor (VII) fermosa e de gran prez, aquela que vin para a miña propia desgraza, e da que sempre agardei mal porque ela nunca me outorgou o seu ben, (VIII) por iso vos rogo, Amor, que fagades que ela me conceda o seu galardón, pois tendes o poder para o lograr e, mentres eu estea (IX) vivo servireivos, e falarei ben de vós, se Deus o quere, despois que me veña ese galardón de quen me debe vir. (X) E se non me facedes isto, que sei que será voso ben, seredes castigado por quen ten máis poder do que calquera outro.

(XI) Que así sexa!