(I) Amor, en que mal día vos vin, xa que, hai tanto tempo, a que eu servín nunca xamais se quixo apiadar de min; e xa que todo este mal me vén por causa de vós, ben haxa a miña señora, pois así é, e vós mal haxades e nunca ben.

(II) En que grave día vos vin, Amor, pois aquela de quen sempre fun servidor me fixo e fai cada día peor; e, pois teño por vosa culpa unha coita mortal, faga Deus sempre ben á miña señora e vós Amor, haxades todo o mal.

(III) Pois da máis fermosa de cantas existen xamais puiden recibir nada agás coita, e por vós vivo eu en tal estado de perdición que nunca dormen estes meus ollos, haxa ben a miña señora por esa razón e vós, Amor, haxades mal de Deus.