(I) Andei, señora, León e Castela, despois que eu me fun desta terra, e non houbo alí dona nin doncela que eu non vise, e máis vos direi diso: cantas máis donas, señora, alá vin, tanto vos eu moito máis apreciei desde entón.
(II) E cantas donas eu vin desde que me fun de aquí, fixen canto puiden por observalas moi ben, e, despois de as ver, estiven pensando en vós, señora, e, por vos non mentir, cantas máis donas, señora, alá vin, tanto vos eu moito máis apreciei desde entón.
(III) E as que alá maior prez tiñan en todo ben, todas as fun eu ver e cateinas, e eran ben fermosas; pero, señora, quérovos dicir outra cousa: cantas máis donas, señora, alá vin, tanto vos eu moito máis apreciei desde entón.