(I) Enfadouse moito o meu amigo comigo porque non procurei como falase comigo; sábeo Deus, non ousei, e por iso, se quixer, ande irado e non mo reclame: ande irado tanto canto quixer e non mo reclame.
(II) Quero mandar eu, belida, a meu amigo que estea ledo comigo en Santa Marta, na ermida, e que alí me vexa se quixer, e, se non, ande irado e non mo reclame: ande irado tanto canto quixer e non mo reclame.
(III) Despois de que o tiven todo disposto, porque el se foi de aquí irado, esperei polo seu mandado, e non o vin, e inimizado está comigo, e alá ande irado e non mo reclame: ande irado tanto canto quixer e non mo reclame.
(IV) Sei que non coñece o meu carácter, xa que non quere enviarme recadeiro e enfádase moito comigo, porque virá se eu quixer; mais eu non quero, e ande el irado e non mo reclame: ande irado tanto canto quixer e non mo reclame.