(I) Moi bo trobador é o meu amigo, pois nunca ninguén se defendeu mellor, cando se pon a trobar, do que el se defende polo meu amor dos que van con el disputar (nos cantares).

(II) Aínda que moitos o veñen atacar, sábese defender tan ben de todos no seu trobar, abofé, que nunca o puideron vencer trobadores ningúns, tan trobador é.

(III) Moitos cantares ten feitos por min, mais o que lle eu sempre máis agradecín foi como se defendeu tan ben: nas tenzóns que del escoitei sempre venceu polo meu amor. 

(1) E isto non o sei eu por min, senón porque o di así calquera que o atacou no trobar.