(I) De tal modo me trae agora Amor coitado que nunca lle vin maltratar tanto a ninguén, e vivo con el unha vida tal que xa sería mellor a miña morte. Noso Señor, non me deixes vivir se non vou perder estas coitas!

(II) E para que terra eu fuxirei? El logo terá novas de min alí onde eu for, e, despois que alí me tiver na súa prisión, sempre eu isto direi: Noso Señor, non me deixes vivir se non vou perder estas coitas!

(III) E a min cáusame el hoxe maior pesar que a todos cantos outros son vasalos seus, e contra este mal non teño defensa: cando me ten so o seu poder, quéreme matar. Noso Señor, non me deixes vivir se non vou perder estas coitas!