(I) De tal xeito me trae coitado e aflixido Amor e tan atormentado que, se Noso Señor á miña señora non lle fai ter a vontade de que teña dó de min, sentirei desexo e gozo da morte, (II) porque vivo en tal aflición como quen é sufridor dun mal lacerante que non podería ser maior, se me non vale a que vin nun aciago día, pois xa sinto gozo pola morte e ningún medo.
(III) E fago o que é axeitado, pois son servidor da que non mo agradece, queréndolle eu mellor que a min nin a outra cousa; por iso xa non teño conforto agás na morte, e deséxoa.