(I) Tal (muller) vexo eu aquí ser chamada ama que, desde o día en que nacín, nunca vin unha cousa tan sen xeito se non é por unha destas dúas razóns: por ser ese o seu nome, certamente, ou se llo din porque é amada (II) ou por fermosa ou por ben feita; se por isto debe ser ama, ela éo, podédelo crer, ou se o é por eu a amar moito, porque a amo, e podo ben xurar (isto): desde que a vin, nunca vin (outra) tan amada.

(III) E nunca vin cousa tan sen xeito como chamar alguén «ama» a tal muller tan noviña, a non ser que llo diga por todo isto que eu sei que lle pasa: porque a vexo a todos querer ben, ou porque é a máis amada do mundo.

(IV) E éo da forma como vos eu dixer, que, aínda que Deus me quixese facer ben, sen ela non mo pode facer!