(I) Destes que morren por amor querería saber cal coita consideran maior: (o feito de) ir un home vivir a un lugar onde nunca vexa a súa señora, ou (o feito de) morar onde a poida ver e non lle ouse falar.

(II) Vexo moitos rogar a Deus que llela mostre ou que lles dea morte, e xuran, abofé, que esta coita non ten par: non a ver, pois xa está privado de pensar noutra cousa ou de sentir agrado por outra cousa.

(III) E direivos o que lle acontece a quen ama moito unha dona se a vir e non lle puider falar: tal é como quen ten ante si todo canto lle é preciso e non lle ousa falar sobre nada e así morre de desexo.

(IV) E eu todo isto padecín, pois levei unha gran coita despois de me afastar da miña señora, [...] porque non ousei falarlle: alí me sentín tan coitado que coidei que morría daquela.

(1) E non sei escoller a maior destas coitas que sufrín, aínda que sei que son moi graves.