(I) Ben me podedes vós, señora, quitar deste meu corazón graves coitas; mais sei que non me poderiades privar, abofé, de ningún pracer, porque nunca o tiven desde que eu non vos vin, señora.

(II) Podédesme quitar o gran mal e as graves coitas que eu teño por vós, miña señora; mais sei eu ben que non me podedes quitar de ningún xeito ningún ben nin pracer, pois eu non tiven nada diso, desde que non vos vin, senón mal.

(III) Graves coitas e grande afán me podedes quitar moi ben, se vos prouguer, señora; mais tamén sei que non me podedes quitar o que en min non existe, pracer, desde que non vos puiden ver, senón gran coita e grande afán.