(I) Ben podo aturar Amor e o seu mal, de tanto que é o ben que recibo da miña señora só con pensar no ben que coñezo dela, pois a súa mesura e o seu moi bo xeito de falar e o seu bo siso e a súa beleza todo resulta no meu ben; mais que mal podo recibir mentres
(II) Dou grazas a Deus por me dar tal señora, de tanta boa fama e que tanto vale, e rógolle que a min deste mal me garde e me ampare de Amor; antes me dea sempre poder e siso para servila, pois este é o meu ben e o meu gozo e o meu gusto, (III) porque o seu fermoso ollar e rir e ben falar sempre con bo razoamento me alegra no meu corazón de tal xeito que non penso noutra cousa agás en servila e no seu ben, se Deus mo quixer dar: como farei despois, se o tiver, para o poder manter e agradecer?
(IV) Ai Deus Señor, cando se lembrará de min esta dona que tanto amo, de modo que eu diga: «En bo día servín unha señora que me dá tan bo galardón.» Pois con pensalo acho tan gran pracer, se gozase do seu ben non daría nada por canto outro ben hai no mundo.
(I) E por iso amo e sirvo e son seu, desta señora, e servila quero, pois o bo servizo há culminar con ben.