(I) Ben sabía eu, miña señora, que, despois de me separar de vós, nunca vería nada que me agradase, desde que non vos vise, porque vós sodes a mellor dona de que nunca ouviu ninguén falar, pois á vosa fermosura sei que nunca ninguén lle pode achar par.

(II) E xa que así o quixo Deus, que eu estou tan afastado de vós, tende a total certeza de que eu nunca vivirei sen mágoa por esa razón, xa que Paris non foi tan coitado de amor nin Tristán: nunca sufriron un afán tal nin o teñen cantos existen nin existirán.

(III) Que farei eu, cando non vir o voso rostro? Pois o mal que vos foi ferir, aquel é o noso mal, e por iso non podo, por nada do mundo, deixar de amarvos moito nin o farei; ben sei que morrerei antes se non vos teño a vós, que sempre amei.