(I) Buscástesme, ai amigo, moito mal alí cando vos gabastes de min, e rogo a Deus que me perdades por iso; e dicídeme agora, falso, desleal: se vos eu fixen no mundo algún pracer, que coita tivestes para o dicir?
(II) E non vos presta, falso, negarmo, nin mo neguedes, que de nada vos vale, nin xuredes, pois sempre adoita o falso xurar moito, e dicídeme sen xurar: se vos eu fixen no mundo algún pracer, que coita tivestes para o dicir?
(III) O que dixestes, se eu vos vise de novo coitado por min como xa vos vin, vede, falso, volverase contra vós; mais dicide agora, sen mentir en nada: se vos eu fixen no mundo algún pracer, que coita tivestes para o dicir?