(I) Chegoume, amiga, recado daquel que amo: que despois que viu o meu mandado, vén o máis axiña que pode; e eu ando leda por iso e fago moi ben.
(II) El vén ansioso por chegar, pois sofre un gran mal de amor: tamén está moi lonxe de poder gozar ou estar a gusto agás alí onde eu estiver, onde está todo o seu pensamento.
(III) Por canto mal sufriu, amiga, farei ben en lle dar por iso algunha recompensa, pois vén como lle eu mandei, e logo estará, ben o sei, recobrado e libre do mal (1) e das coitas que eu lle dei desde que foi meu namorado.