(I) Máis me tarda o meu amigo, amigas, do que el acordara comigo, e créceme por iso unha coita tan forte que estou angustiada, e xurei que, até que o vise, nunca nada durmise.

(II) Cando el tivo que facer a romaría indicoume un día certo para que o vise, e non vén, infelizmente; hoxe cúmprese o día, e xurei que, até que o vise, nunca nada durmise.

(III) Aquel día en que se separou de min xuroume el chorando que viría, e púxome día e hora; e xa rematou o prazo, e xurei que, até que o vise, nunca nada durmise.