(I) Vivo coitado de amor e teño gran pavor da morte desexando a miña señora, a que eu moito servín: a miña señora, que eu vin moi, moi fermosa en Luzim.
(II) Amor me ten no seu poder e teño pavor de morrer porque non podo ver a que eu moito servín: a miña señora, que eu vin moi, moi fermosa en Luzim.
(III) Amor no seu poder me ten e faime perder o siso porque non podo obter o ben da que eu moito servín: a miña señora, que eu vin moi, moi fermosa en Luzim.