(I) Tal como eu querería comer ben en día de Pascua, así quería unha boa música e fácil de cantar, para o mestre Joán.

(II) Así como eu querería comer bo salmón, así quería o Evanxeo e unha breve Paixón para o mestre Joán.

(III) Así como querería comer o que me soubese ben, así quería un bo canto e seculorum amen para o mestre Joán.

(IV) Así como eu bebería bo viño de Ourense, así querería o bo son do Cunctipotens para o mestre Joán.