(I) De que xeito Deus o dispuxo todo para que eu vivise en gran coita, señora, desde que vos vin! Porque logo El o dispuxo de forma que eu vos ouvín falar; alén diso, quixo tamén que eu coñecese o voso ben, que El fixo sen par; e todo isto me foi El dispoñendo de xeito que eu nunca me librase da coita.

(II) E El quixo que eu padecese todo isto polo moito castigo que eu lle merecín, e de tal xeito se vingou de min; e con todo isto non quixo que morrese, porque sería bo para min non durar moito con tan gran coita e tan gran pesar, senón que quixo que eu sufrise todo este mal.

(III) Así, tampouco quixo que eu me decatase de tan gran dano para min, nin o entendín; antes quixo El que, para que eu vivise así e non me faltase unha gran coita, que eu vos vise, no momento en que El me fixo desexar a morte, que non me quere dar, senón que quere que, vivindo, esperase algo aínda peor.