(I) Tal como vós sodes, miña señora, moi contraria a me facer ben, así tamén me quito eu de amar outra cousa, en canto eu viva, agás a vós; e sei unha cousa: se vós non me facedes ben, tampouco eu vos causo pracer. 

(II) E abofé, miña señora, sei que estou privado de obter o voso ben en canto eu viva, nin calquera outra cousa con que eu sinta gozo; mais vós estades metida nun problema por iso, porque eu non deixo por iso de ser o voso vasalo. 

(III) E quérovos dicir, miña señora, todo canto eu recibo de vós: teño que padecer unha gran coita, que non recibo de vós nada mellor; e xa que así me acontece convosco, sería eu home sen siso se non me esforzase en vos ver.