(I) Eu trobo, que Deus me perdoe, por causa das coitas de amor, e din que os meus cantares non valen nada porque son tantísimos; mais as moitas coitas mos fan facer, e tantas coitas cantas hei de sufrir non as podo dicir nun só cantar.
(II) Moitas teño, penso moito (nelas) e sáeme a música e fago moitos cantares con tal de perder as coitas, e critícanme por iso; mais as moitas coitas mos fan facer, e tantas coitas cantas hei de sufrir non as podo dicir nun só cantar.
(III) Penso que en moitos cantares podo dicir as miñas coitas, e porén dinme agora que niso fago unha loucura; mais as moitas coitas mos fan facer, e tantas coitas cantas hei de sufrir non as podo dicir nun só cantar, (1) porque, se pensar niso, ben coido que non as poida dicir xa mentres viva.